Galaxia publica «Os seráns de Vilancosta» en homenaxe a Avelina Valladares

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

19 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

No Ano Cultural dedicado á poeta estradense Avelina Valladares a editorial Galaxia vén de publicar unha peza teatral que lle rende tributo. Leva por título Os seráns de Vilancosta. Unha homenaxe a Avelina Valladares, e é unha obra do dramaturgo Santiago Cortegoso que se enriquece coas ilustracións de Rosa de Cabanas. A figura de Avelina cabalga pola beira do Ulla con expresión humilde pero decidida. Intelixente, culta, empática cos humildes e dona dun carácter independente e resolutivo, a súa presenza impregna cada páxina do libro, que xa está dispoñible nas librarías.