O festival Murallón de Son anuncia o seu regreso para o 4 e 5 de outubro

d. c. LALÍN / LA VOZ

DEZA

19 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Festibandeira, organizadora do festival Murallón de Son, anunciou as datas da súa cuarta edición, o 4 e 5 de outubro. Unha cita na que rock, punk e música urbana son protagonistas e congregan na Bandeira a unha gran cantidade de público. Na última edición coroaron o cartel formacións ben coñecidas como Terbutalina, Grande Amore, Rebeliom do Inframundo ou La Élite.

Nos próximos días anunciarán os grupos que participarán no festival. O Murallón de Son 2025 terá un formato similar ao do ano pasado, con sesión vermú, pinchadiscos a vinilo, obradoiros e unha festa máis familiar o domingo. O sábado será o día grande, con concertos pola noite e djs. Tamén haberá xogos populares e un mercadiño gastronómico e artesá. A organización sinala que tamén revelarán en breve información sobre as entradas.