O Arquivo da Emigración pon na rede fondos da sociedade Hijos de La Estrada en Caracas

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

28 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Arquivo da Emigración Galega acaba de poñer na rede fondos da sociedade Hijos de La Estrada, creada en Caracas en decembro de 1958 baixo o nome de Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada para «establecer un centro social-benéfico para proporcionar a sus miembros sanas distracciones, asistencia médica y ayuda material y moral». Varios libros de actas, os estatutos iniciales e o proxecto de reforma dos mesmos, así como varias memorias, son algúns dos documentos da sociedad Centro Benéfico e Social Hijos de La Estrada que este xoves se subiron á rede no marco do proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega. Esta iniciativa do Arquivo da Emigración Galega —dependente do Consello da Cultura Galega— permite visibilizar fondos documentais das entidades creadas na diáspora.