O IES Avelina Valladares despide o curso coa Revista Viva Nós de Nós

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

14 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Teatro Principal da Estrada acollerá o vindeiro martes ás 17.00 horas a novena edición da Revista Viva Nós de Nós, unha gala que serve como peche do curso para os alumnos do IES Avelina Valladares. A gala xirará en torno á música, ao teatro e á narración oral e á lingua.

Ademais, aproveitarase o acto para estrear a nova identidade corporativa do IES, creada pola ilustradora Rosa de Cabanas. «A imaxe pon en valor a figura de Avelina Valladares, que encaixa á perfección cos valores que transite o centro», indican desde el centro. A imaxe representa á escritora de perfil, vestida de época e sen trazos faciais «que nos mostra a súa condición de muller sen rostro», explican.