Amigos da Terra de Montes otorga a Rubén Troitiño e Eduardo Pazos as Enseñas de Ouro

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

17 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Amigos da Terra de Montes celebrará a súa Xuntanza Anual en Cerdedo o día 9 de agosto. Haberá misa ás 11.00 horas, seguida dunha asemblea no auditorio. Ás 13.00 horas realizaranse os homenaxes e entrega das súas Enseñas de Ouro, nesta ocasión a Rubén Troitiño e Eduardo Pazos, así como a comisión de festas de Pardesoa.

Despois da ofrenda aos canteiros, ás 14.30 comezará o xantar, con sorteo dun cadro de José María Barreiro. O custo é de 35 euros por persoa e para asistir é preciso reservar antes do día 3 mediante o pago nunha conta bancaria.