A escritora presentou onte a obra, xunto a Mercedes Peón
13 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A escritora estradense Susana Sanches Arins presentou onte na Zona dos Viños o seu último traballo literiario: o poemario Arte menor. Fíxoo acompañada pola artista Mercedes Peón, un dúo moi acaído para unha publicación que ten case tanto de son como de escrita.
O libro, publicado pola editorial Central Folque, especializada na música tradicional galega, é unha obra poética na que as composición aparecen conectads por un fío narrativo que o une todo. «É un poemario a varias voces protagonizado por varias mulleres que se xuntan nun lugar para ir a clases de pandeireta. Parte dos poemas contan as historias desas mulleres e outros son apuntamentas da mestra. A música é o fío que une o libro. É poesía, pero conta unha hisotria que podes fiar», explica a autora.
O libro recolle a aventura de sete mulleres de O Lugar que deciden asistir a clases de pandeireta e canto tradicional. A obra é unha reivindicación do traballo comunitario e das mulleres do rural, dunha tradición viva e dinámica que se adapta aos tempos e evoluciona.
Existen ademáis unha vontade de propor unha escrita anti-épica e referencias á Odisea, vista desde as lecturas feministas, como posta á Ilíada. Ambas son obras clásicas nacidas da tradición oral.
O poemario, que xa está nas librarías desde finais de xullo, inclúe nalgúns dos poemas códigos QR que conducen a gravacións que redondean a obra. «Foi unha idea da editora. Como é un libro moi sonoro, onde sons e silencios teñen moita importancia, propuxéronme gravar sons da vida cotiá», explica a autora. Son gravacións caseiras feitas cun móbil que recollen sons que a autora asocia ás composicións. Algúns deles son o cantar das agullas tecendo, o chimpín bruando no lugar, a choiva, o son no interior dun tren, o dunha viaxe en Renault 12, o do nacer do día na aldea ou o dun día de festa.