Reimóndez Portela estrea exposición

La Voz

DEZA

concello da estrada

25 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa das Letras inaugurou onte unha mostra sobre o médico e intelectual estradense Manuel Reimóndez Portela. A mostra, comisariada por Chus Fernández Bascuas, poderá visitarse no horario de apertura da biblioteca. A inauguración estivo presidida polo conselleiro de Cultura, José López, que remarcou o labor de Reimóndez a prol da cultura galega así como o seu traballo por documentar e difundir a riqueza histórica, a cultura e o folclore da comarca e preservar a memoria colectiva. O 30 de novembro tomará o relevo unha mostra sobre Avelina Valladares e en decembro outra sobre Castelao.