A Fundación Neira Vilas promove neste outono varias actividades como a homenaxe a Anisia Miranda o 13 de outubro, ás 17.00 horas, na sede de Gres. Leranse textos de diversas autoras e da homenaxeada e haberá actuación musical de Francisco Castro. O 19 de outubro Miguel Anxo Fernán-Vello conversará co tamén poeta Claudio Rodríguez Far nun novo Café Literario. Por primeira vez, Gres acollerá un roteiro literario a partir da obra de Neira Vilas o 25, ás 16.30. Xa o 3 de novembro será o Día de Neira Vilas ás 17.00 con lectura ininterrumpida de Memorias dun neno labrego. A reedición do seu libro Castelao en Cuba terá unha presentación en Santiago e o 27 de novembro, polo décimo aniversario do pasamento do escritor cruceño, na súa fundación haberá encontro literario con Xesús Alonso Montero e Víctor Freixanes.