
14 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
A Fundación Neira Vilas lembrou onde a Anisia Miranda no Días das Escritoras cando se cumpren 16 anos do seu pasamento. Ás 17.00 horas, comezaron os actos na súa honra cunha visita ao camposanto da parroquia de Gres (Vila de Cruces) onde descansa ao carón do que foi seu compañeiro de vida, o escritor Xosé Neira Vilas. A escritora e poeta cubana falecía na súa casa, sede tamén da Fundación Neira Vilas, un 22 de outubro de fai 16 anos. Trala ofrenda floral os asistentes desprazáronse á Casa do Romano, sede da Fundación, onde se leron textos e versos e Francisco Castro ofreceu un concerto.