En Gres poñen voz a Balbino no Día de Neira Vilas e recordan a súa estadía en México

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

03 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O 3 de novembro é o Día de Neira Vilas en na Casa do Romano en Gres (Vila de Cruces), a sede da fundación que leva o seu nome e pon en valor o seu legado, hoxe haberá un encontro especial. A partir das 17.00 horas haberá unha lectura continuada e ininterrompida do seu libro máis emblemático, Memorias dun neno labrego. Os asistentes están convidados a poñerlle voz a Balbino na casa onde o seu autor imaxino a súa vida.

En Gres tamén contarán hoxe coa presenza de Laura Gardos Velo, neta do cineasta Carlos Velo e presidenta de honra da fundación que leva o seu nome, e da xornalista Mónica Vázquez Lopo, membro do padroado da entidade cruceña. O público coñecerá lembranzas da viaxe que fixo Neira Vilas a México en 1961, onde se reencontrou co cineasta galego exiliado. Foi pouco antes e establecer en Cuba o escritor. Tamén haberá café con pastas para todos os asistentes nesta xornada de palabras e afectos na honra de Xosé Neira Vilas.

A entidade programou a presentación na Libraría Pedreira de Santiago do libro do escritor, Castelao en Cuba, reeditado recentemente pola editorial Galaxia. E traballa nos actos do 27 de novembro en Gres ao cumprirse o décimo aniversario do pasamento de Neira Vilas. Ese día haberá un encontro literario con Alonso Montero.