Os Piratas do Caribe arrasaron no concurso de Samaín da Acoe e Ancorados

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

12 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Comerciantes da Estrada (Acoe) entregou este luns pola noite os premios do primeiro concurso de disfraces do Samaín, organizado en colaboración cos veciños de Santo Tomé de Ancorados. Na categoría de grupos impúxéronse Os Piratas do Caribe.

O segundo premio foi para os Doutores da Peste e o terceiro para unha parella de carniceiros de humanos. Na categoría individual o primeiro posto levouno o Davy Jones de Piratas del Caribe, o segundo foi para unha sanguinaria muller con coitelo e o terceiro para un santeiro. Os comerciantes tamén lle outorgaron un premio aos socios mellor disfrazados durante a xornada do Samaín. Gañaron os Espantallos de Carolain Kids.