Flores e cartas no décimo aniversario do pasamento de Neira Vilas en Gres

La Voz

DEZA

27 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe cúmprense dez anos do pasamento do escritor Xosé Neira Vilas. A Fundación que leva seu nome convoca hoxe a lectores e admiradores da súa obra a participar na ofrenda floral que, a modo de homenaxe e recordo, será depositada no camposanto de Gres, en Vila de Cruces, ás 17.00 horas, onde repousa xunto a súa compañeira de vida, a escritora galego-cubana, Anisia Miranda.

De seguido, na Casa do Romano, sede da Fundación, presentarase o libro Correspondencia 1965-2014, no que se recollen as cartas intercambiadas entre o autor de Memorias dun neno labrego e o profesor Xesús Alonso Montero, que asina tamén o prólogo desde volume de case 800 páxinas. O acto contará coas intervención ademais do director xeral da editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, o director xeral de Lingua da Xunta, Valentín García, que colabora na edición. Haberá exemplares á venda a disposición dos asistentes. Nas cartas, sobre todo as escritas por Neira cando aínda vivía en Cuba, se atopa información sobre a edición dalgúns dos libros más destacados do autor como foi Memorias dun neno labrego. Un intercambio epistolar entre Alonso Montero e Neira Vilas que ofrece un amplo panorama da segunda metade do século XX e as primeiras décadas do século XXI.