Honra para quen escriben

David Otero

DEZA

10 dic 2025 . Actualizado a las 21:32 h.

Manuel María, poeta nacional galego, sempre dicía que no mundo de andar coas palabras, de poñelas por escrito, había que distinguir entre escribidores e escritores. Falemos hoxe de escritores. A noticia foi de moi bo agrado. A Asociación de Escritoras e

Escritores Galegos (AELG) nomea Membro de Honra á Asociación de Escritores de Galiza, creada en marzo de 1936 en Compostela. As e os seus membros naquel tempo, activistas normalizadores da nosa Lingua; Cultura e Literatura, son referentes, culturais e políticos, que construíron este país. Os seus proxectos e traxectos, ilusións e intuicións, quedaron fanados polo tristemente recordado golpe de Estado, significado, pois alguén hai que poñer, aínda que foi cousa de moitas e moitos, polo funeralísimo Francisco Franco e así imos recordar, polo ano que vén, os noventa anos do seu

proceder contra o Goberno da Republica e a Constitución. Ben se saben as consecuencias.

Na relación ourada de compoñentes da recoñecida Asociación de Escritores de Galiza, contamos cos nomes egrexios de Fermín Bouza Brei, xuíz , poeta e historiador, na nosa Vila e tamén con Manuel García Barros, escritor, mestre, activista políticocultural ( que sendo o primeiro, xa conleva o segundo). Dous nomes pois

egrexios e exemplares .Ben os dous de honra para quen escriben. Dous escritores, de prumas esgarabellantes, que aportaron materia literaria en diversos xéneros ao corpus propio da Literatura Galega, Dicir en especial que Manuel García Barros, Kenkeirades,

de Berres da Estrada, redactor do Emigrado que dirixía Otero Abelleira, deste pobo e así de Galiza, aínda el está por recoñecer da RAG, agardamos que se lle outorgue o día das Letras Galegas. No seu ser escritor, no seu tempo, aportou creación e contido e sempre na nosa LIngua e Cultura. Del, para o ano que nos abraza, o vinteseis, recordarémonos no CL aniversario do seu nacemento. Vai tamén para este ano vinteseis o centenario da

representación da súa obra de teatro Carta da Habana.

Eles dous, Fermín e Manuel, xunto con máis, desde a Asociaión de Escritores da Galiza, e nós estradenses con ela, reivindicamoso o labor feito por eles para a valoración da literatura galega, tanto naquel tempo, como de estudo agora. Con eles seguimos tecendo camiños que nos poñen en presente e nos estimulan no facer de

normalización Lingüística e Cultural deste noso Pobo do Galego. Nas súas memorias para a nosa de arestora, honra pois para quen escriben.