Volve o folk a Callobre o vindeiro 10 de xaneiro coa Noite de Raíz

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

30 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Regatos organiza a primeira Noite de Raíz do ano 2026. Será o vindeiro sábado 10 de xaneiro no campo da festa de Callobre a partires das 21.30 horas. Unha cita musical na que participarán Decotío Gaiteiros (A Estrada), Muxicas da Silveira (Boqueixón) e Reviravolta (O Pino). A festa de folk na parroquia estradense contará cun apartado gastronómico cunha degustación de porco á brasa.