28 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
Un ano máis, a tradicional romaría dos Milagros volveu a converterse nunha marea humana de fieis imposible de cuantificar, a pesar de que a afluencia foi moito menor que o ano pasodo, cando a celebración en Requián caeu en domingo. Ao remate da misa solemne foron moitos os asistentes que se quedaron en Requián disfrutando da romería. Entre pulpeiros, rosquilleiras e incluso postos de roupa, entre outros, moitos dos asistentes ficou disfrutando da xornada coas actuacións da Banda de Gaitas de Barbude, a Banda de Música Cultural de A Estrada e coa Charanga dos Xirimbaos mentres que outros ían collendo sitio nos diversos pulpeiros para xantar. As celebracións relixiosas continuaron pola tarde con varias misas.