García Barros xoga na casa

La Voz

A ESTRADA

miguel souto

19 may 2022 . Actualizado a las 12:26 h.

Con motivo do 50 aniversario do pasamento do escritor Manuel García Barros o mestre e investigador estradense Carlos Loureiro e o editor Xesús Domínguez comisarian unha mostra titulada Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento. A exposición, que se estreou na Casa das Letras, ten carácter itinerante e, de aquí a marzo, visitará todos os centros de ensino da Estrada. Onte inaugurouse no IES García Barros, para sementar a curiosidade polo home que da nome ao centro. foto miguel souto