
23 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O BNG da Estrada organizou onte un roteiro para visitar e recordar os puntos máis relevantes relacionados con Castelao e o municipio. O intelectual casou cunha veciña estradense, Virxinia Pereira. Os participantes saíron fronte á igrexa de Ouzande, inmortalizada nun dos seus cadros, para visitar despois a Torre de Guimarei, o edifico da Farol e a casa e a tumba onde están enterrados Virxinia Pereira e o seu fillo. Houbo unha ofrenda floral, dentro dun acto para poñer en valor a figura do rianxeiro, que foi clave para a configuración de Galicia.