Manoliño de Cabanas, o estradense que conquistou São Paulo co seu sorriso

David Cofán Mazás
David cofán A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

cedida

Aos 90 anos, 72 deles en Brasil, volveu á Estrada nunha viaxe de despedida

17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Son días de lembranzas para Manuel (A Estrada, 1935), ou mellor dito, para Manoliño de Cabanas, que é como lle chaman aqueles que o queren ben. Paseando polo seu Ouzande natal recorda a súa infancia, as primeiras experiencias dunha vida que ten tantas historias que chegan ben para facer un libro, ou se cadra dous. Como moitos outros, aos 18 anos tivo que facer as maletas e cruzar o Atlántico. A idea era ir a Bos Aires, pero os azares do destino puxérono cos pés no Brasil, onde pasaría o resto da súa vida, iso si, sen esquecer de onde viña.

«Soy siempre muy bien recibido en A Estrada, con mucho cariño y amor», comenta agradecido. Leva uns días visitando o seu fogar e Galicia en xeral, nunha viaxe que semella unha despedida. Aos seus 90 anos non sabe cando será a próxima, por iso está espremendo cada momento acompañado de familia e amigos, e o que é máis importante, da súa querida Otilia. De todos os xeitos hai que mirar dúas veces o carné de identidade para comprobar se é certa a súa idade, pois conservase estupendamente e cunha vitalidade envexable, igual que a súa dona.

A ledicia que irradia é contaxiosa, Manoliño de Cabanas naceu en Alemparte, na parroquia de Ouzande. Tocoulle unha época dura e tivo que medrar axiña, sen nai dende os seis anos. «Primero trabajé en la marmolería y después me fui a una carpintería donde la feria, se llamaba Os Tasqueiros», explica con ese acento brasileiro tan xeitoso.

Cando cumpriu a maioría de idade fixo o que tocaba, marchar na busca dunha vida con menos penalidades. «No tenía familia en Brasil, tenía la intención de ir a Buenos Aires, que tenía allá a mis tías, pero era muy difícil. Entonces encontré a dos amigos, uno de A Estrada, Nóvoa, que estaban en São Paulo, así que me fui para allí solo, sin nada», lembra.

Amor e traballo

 Agora que leva 72 anos vivindo en São Paulo todo semella máis sinxelo, pero cada éxito que conseguiu foi froito dun inmenso esforzo e sacrificio persoal. «Al principio fue muy difícil porque era muy niño. Tenía 18 años pero carita de 14 o 15 y a los jóvenes no les pagaban muy bien, el sueldo era muy justo para costearme la pensión», conta.

«Con el tiempo empecé en una marmolería y me especialicé en grabado de letras, trabajando en los cementerios de toda la ciudad. Estuve 4 o 5 años a sueldo y después empecé por mi cuenta», engade. Foi daquela cando coñeceu ao amor da súa vida, Otilia Duque, unha portuguesa pola que renunciou a retornar á Estrada e coa que formou unha familia.

«Pensaba en volver a España, pero me enamoré. Si volvía tenía que dejarla, pero ganó el amor y me quedé», asegura ledo. Non hai dúbida de que foi a decisión correcta, para mostra os seus 4 fillos, oito netos e un bisneto.

Manoliño puxo fin á marmorería e navegou por varios negocios, coma por exemplo un bar que rexentou durante doce anos, pero o éxito atopouno rotulando vehículos da Policía Militar de São Paulo. «Era una cosa que no conocía, empecé a hacer adhesivos para coches y acabamos con un hijo mío haciendo todos los de la policía de la ciudad», sinala. De feito, ten recibido recoñecementos oficiais pola súa labor e o seu fillo, agora xubilado e afincado en Alacante, foi coronel da Policía Militar de São Paulo.

Facía 6 anos que non viña á Estrada e desta vez non quixo desaproveitar ni un minuto. As lembranzas amoréanse a cada paso polo monte, ou cando foi orar na igrexa de Ouzande á súa querida Virxe do Socorro.

Fútbol e poesía

 Moi ligado á súa parroquia, Manoliño de Cabanas colaborou coa revista Carreiros da asociación cultural A Fervenza. «Escribía poemas y textos, contaba cosas de la tierra. Ahora estoy escribiendo un libro sobre mi vida y mis orígenes. Perdí a mi mamá cuando tenía 6 años y se me dio por escribir un libro contando hasta donde ella vivió», explica.

 Tamén lembra a súa época como xogador do Estradense, cando formaba coma porteiro nos xuvenís da man de Tis Camba. Ou cando aos dez anos unha meninxite parecía disposta a poñer o punto e final á súa vida, pero dun xeito milagreiro recuperouse sen ningunha secuela.