Preto de 1.500 estudantes participan hoxe na Estrada no Correlingua

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

21 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Preto de 1.500 estudantes de todos os centros públicos de de ensino da Estrada, do IES Chano Piñeiro de Forcarei e do CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis tomarán A Estrada hoxe para participar nunha nova edición do Correlingua.

A chegada dos participantes está prevista entre as 10.30 e as 11.00 horas. O alumnado concentrarase na Praza do Concello, desde onde partirá ás 11.00 horas o percorrido polas principais rúas e prazas do casco urbano. Ás 12.00 será a lectura do manifesto e despois actuará o grupo Pauliña.