Poxa de gando á medianoite en Artoño

La Voz LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

cedida

A parroquia agolense celebra unha subasta dun becerro frisón cebado de 170 quilos

27 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia de Artoño (Agolada) celebra o sábado unha poxa de gando á medianoite. Despois dunha torresmada, terá lugar a subasta dun becerro frisón cebado de 170 quilos en beneficio das festas do San Ramón. A poxa será ás 00.00 horas e contará cun prezo de saída de 600 euros. O obxectivo desta iniciativa é promocionar a Festa do Becerro Frisón, a cal pretenden realizar a vindeira primavera.