A Cova das Letras representa «Chafallas, a vendedora de fume»

La Voz

DOZÓN

16 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A compañía A Cova das Letras representa en Dozón a obra Chafallas, a vendedora de fume. A representación deste espectáculo infantil de monicreques terá lugar hoxe, ás 16.00 horas, no colexio Pío Cabanillas Gallas. A iniciativa forma parte do circuíto +Escénicas posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. A obra mestura a tradición do conto galego e portugués con técnicas como a dos monicreques.