O Balonmán Deza bota a andar

La Voz

LALÍN

MIGUEL SOUTO

01 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? Club Balonmán Deza púxose onte o mono de traballo, comezando a súa primeira pretempada na zona deportiva de Lalín. Na sesión de traballo nin eran todos os que estaban, nin estaban todos os que son, xa que ata a vindeira semana non se coñecerá a lista definitiva dos entre 16 e 18 xogadores que comporán o plantel do terceiro equipo sénior masculino da capital dezá. A composición dependerá do grao de implicación que ofrezan os balonmanistas, xa que só se aceptará a aqueles dispostos a completar toda a tempada, cun réxime de dous adestramentos semanais e, agás a aparición dun patrocinador, comprometidos a sufragar proporcionalmente os gastos que xere o club. O que si se sabe xa no C.B. Deza é que o equipo non contará con adestrador. Amalio Cortizo prestará o seu título para cumprir coa Federación, pero os promotores do club consideran que pola súa idade xa non precisan dun técnico.