O programa Concellos Saudables inclúe asesoramento gratuíto sobre dietas e exercizos ao que se derivan doentes
04 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.O programa de actividades do proxecto Concellos Saudables 2008, que se está a desenvolver en Lalín e Rodeiro, é ben extenso. No mesmo inclúense consultas e asesoramento sobre dietas.
-Facer unha dieta significa comer menos?
-Pénsase moitas veces, pero non é certo. Facer unha dieta non é quitar alimentos e insistir en que as dietas máxicas non existen. O que perdes nun par de días o recuperas de seguido.
-Comezaron nos centros educativos falándolles aos cativos da necesidade de seguir unha dieta axeitada, ¿agora abren a información aos maiores?
-Estamos neso. Nos colexios tentamos explicarlles aos nenos os beneficios dunha dieta equilibrada e que deixaran de practicar o deporte do sillón, que é o máis habitual. Agora estamos, dende o 16 de xuño, cunha consulta aberta para todos os que queiran que lles fagamos unha dieta personalizada. O meu compañeiro Carlos lles recomenda tamén aqueles exercizos físicos que son máis axeitados a cada persoa.
-Como está funcionando a experiencia?
-Ben. De feito nos están derivando doentes do centro médico aqueixados de distintas patoloxías: obesidade, con colesterol alto, ácido úrico... Nós lles facemos, de maneira gratuíta, a dieta axustada a súa necesidade.
-Ben, ¿que non sabemos comer axeitadamente?
-Vivimos nunha sociedade na que os modelos e os hábitos son inadecuados. En moitos casos podemos decir que estamos aprendendo a comer. Non cabe dúbida de que a estética é importante pero aprender a comer máis.
-Debemos de seguir as pautas marcadas dentro da dieta mediterránea...
-A dieta mediterránea é boa, pero aposto máis pola atlántica. A nosa. Hai que potenciala xa que a temos en Galicia. Non nos esquenzamos que despois dos xaponenses, os galegos somos as persoas máis lonxevas e por algo será. Temos as proteínas dos mariscos e dos peixes, os hidratos de carbono que atopamos nas patacas... Todo iso nos axuda a manter xove o cerebro. Por suposto que é preciso evitar as inxestas de graxas saturadas, a bolería, os azúcares...
-Esquencerse de fritir e pensar en alimentos cocidos ou á planta...
-Ao principio sempre custa un pouco pero ao habituarse é moi doado. Usar o forno e a plancha tén que ser algo cotiá.
-Unha pregunta que seguro lle formularon en varias ocasións. ¿Cantos días á semán se debe comer carne?
-Tres veces á semán, e que sexa carne magra. É moi importante tamén beber litro e medio ou dos litros de auga ao día, e tomar unha infusión despois de cada comida.
-Fan un seguemento da evolución do doente?
-A cada persoa que vén ao andar superior das piscinas municipais -que é onde estamos- facémoslle unha historia dietética, informámonos de como come, facémoslle a dieta adaptada a súa problemática, pesámola e seguimos logo a súa evolución.