Espectáculo de música, poesía y magia a las 20.00 horas
31 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Por mor da celebración do segundo Congreso de Observadores de Nubes, que tivo lugar no pasada setembro en Sarria, os músicos lalinenses Benxamín Otero e Carlos Quintá crearon o espectáculo «As mans son nubes pequenas», no que se mistura música, poesía, cómic, contacontos e maxia. Espectáculo que coutivou ao público no seu estreo lucense e que esta noite por vez primeira ao Espazo Liñares. «Malia que nun principio non era a nosa intención voltar a presentalo acordamos aproveitalo máis e ensinalo», comenta Benxamín.
Trátase segundo o músico lalinense dun espectáculo especial. «Quintá e máis eu levamos tempo facendo cousas xuntos pero este é un espectáculo máis persoal. As mans son para nós algo sumamente importante; somos músicos precisamos moito delas, e eu cando fago un truco de maxia tamén dependo delas. Buscamos unha relación da música coas nubes; é unha escusa para abrirnos máis. As nubes é o máis democrático que hai. Podemos atopalas en todos os sitios e cada quen pode captalas ou ollalas como queira».
Un espectáculo de maxia, música e poesía pensado e dirixido a un público adulto no que o contacontos lalinense Celso Fernández tamén tivo algo que ver. «O título do espectáculo non é noso; xa nos gustaría pero o autor é Celso que diso sabe moito». E despois da representación desta noite en Liñares, Benxamín Otero e Carlos Quintá seguirán dándolle voltas á posibilidade de plasmar este traballo nun disco.
Espazo Liñares (Lalín)
Día. Hoxe sábado
Representación: Ás 20.00 horas