Douscentos mozos galegos estarán do 13 ao 17 no santuario luso e prepáranse para novos encontros no Faro e en Ávila
03 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.A Delegación de Xuventude da Diócese de Lugo manten ata finais de semana o prazo de anotación aberto para os mozos da diócese que desexen tomar parte na Peregrinación a Fátima. A cita, segundo explica o delegado de xuventude e cura lalinense José Antonio Adrio Carballude, celebrarase do 13 ao 17 de febreiro no santuario luso que atrae todos os anos a centos de fieis procedentes de distintos países.
-¿Como están indo as anotacións ata o de agora?
-Moi ben coma todos os anos. É a vixésima cuarta edición de Peregrinación de Mozos, cuxas edades oscilan entre os 15 e os 35 anos, a Fátima e a previsión é levar dous autobuses entre as cinco delegacións galegas participantes. Tampouco podemos levar moita máis xente; non hai capacidade para máis. A previsión é que Deza aporte o groso á peregrinación a Fátima como fixo en anteriores edicións.
-¿Que programa van a seguir?
-A intención e saír o venres a iso das cinco para pasar a noite en Eiría, onde temos previsto durmir nun seminario. O sábado nos uniremos a outros seiscentos mozos procedentes doutros puntos de España e, ese mesmo día, ao fío das oito da mañá está previsto chegar a Fátima onde estaremos ata o martes en que emprenderemos a volta.
-Malia que non se celebrará ata o vindeiro mes de agosto estase a divulgar xa o vindeiro Encontro Europeo de Mozos de Ávilaa través das delegacións de xuventude de Galicia...
-Certo que faltan meses para a súa celebración pero é un encontro que precisa dunha preparación e dunha divulgación importante. Celebrarase no marco do V Centenario do Nacemento de Santa Teresa de Jesús e o lema que se escolleu é «En tiempos recios, amigos fuertes de Dios». A participación de mozos da diócese seguro que será tamén sobresaínte. Nós, dende a Delegación de Xuventude da Diócese de Lugo, tocaranos organizar novamente o Encontro de Mozos no Faro. As datas xa están pechadas e serán os vindeiros 26 e 27 de xuño. Coma sempre a representatividade de toda a zona do Deza será importante, como o é todos os anos.
-Á marxe dos encontros, ¿prevé levar a cabo na zona algún programa máis?
-En Lugo vimos celebrando, con éxito por certo, unha iniciativa de evanxelización na rúa. O que se coñece como «Una luz en la noche» onde animamos aos mozos á achegarse á igrexa. Queremos facelo dúas ou tres veces en cada parroquia e logo poder trasladalo a parroquias coma as de Lalín e Melide.
josé antonio adrio delegado de xuventude da diocese de lugo