Algarabía 2017

A. C. O Naranxo

LALÍN

Dende a Asociación O Naranxo queremos expresar a nosa gratitude co pobo de Lalín tanto pola súa participación como pola súa resposta nesta Algarabía 2017. Dicir que sen vós nada de todo isto sería posible; grazas a todos e cada un de vós fixemos un bonito soño realidade. Por riba de todo, agradecer ao Concello de Lalín a súa disposición absoluta para cubrir calquera necesidade que foi aparecendo. É incrible a cantidade de cousas que non seríamos quen de sacar adiante sen a vosa axuda tanto a nivel loxístico coma persoal. O ano que vén máis e mellor!.

A nivel persoal, agradecer a Iago de Botos, Richard, Pablo de SOGAPS, Kg, Cristian Donra, Polas, Zala, Javi Hita, María «a de Diego», Celsiño (que fariamos nós sen ti?) e especialmente a Krilin. Grazas a todos por estar aí. Grazas tamén a Maruxiña e a Sandra polas fotazas ao longo das xornadas. Grazas a Irene, ademáis de pola foto do cartaz (que quedou chulísimo!) polas túas dotes de vendedora nata. Grazas Carabelo, Aranes, Peludos sen Fogar, Sogaps e residencia As Dores, por querer formar parte desto e por todo o traballo do día a día. Grazas ao Dona Maruja, Barracón e a Tasca por evitar a deshidratación con tanto baile!.

Grazas Espectáculos Deza e Dual st. polo traballazo. Grazas M.E.U., Nobody’s Fool, Tiro Na Testa, Samesugas, Dixebra e Aphonnic por facer da festa unha festaza... e vaia festaza!. Grazas a Protección Civil, por pasar a noite ao raso. E tamén, aos acampados, especialmente aos primeiros (Viva Leiro!).

Tamén queremos facer mención especial a todos os que nos axudaron a nivel económico, porque sen vós seríanos moi difícil chegar a facer o que fixemos: Marcaxe, Pegatinas, Doña Maruja, A Casa do Gato, Rosaleda, Polo, La Flor, GM Construcións, Gasolinera Campos, Tecglass, As Palmeras, Parrillada Km 0, Clínica Contreras, Currás, Nercellas, Barracón, A Tasca, Dalvi, Carlin, Vermutería, Segrel, Palitos, Embutidos Lalinense, Cabanas, Molinera, Carmiña Moda, Mariany, Sieiro, Kg, Reciclaxe, Distribuciones Dobarro, Siareiros Dezaos, J&R, Denios, Taberna Café, Modesto, Café Casino, Mais3D, Óxido....e a aqueles que de xeito anónimo tamén fixeron aportacións.

Non queremos rematar sen antes pedir desculpas a tantas e tantas persoas que seguro se nos esquecen. E agora si que si, comezamos a argallar xa a do ano que vén. Viva a Algarabía!.