A Casa do Patrón inaugura a Capela de Codeseda cunha exposición sobre a espiritualidade do pobo galego
LALÍN
![](https://img.lavdg.com/sc/vqfH55LcWy83Pb-IGkT_GdHBAWg=/480x/2021/10/02/00121633202761566539147/Foto/DO3C2F2_212456.jpg)
O Museo Etnográfico Casa do Patrón acolleu a inauguración da Capela de Codeseda, que dende hoxe servirá como escenario da exposición permanente Lingua, culto e crenza. Ao acto asistiron o responsable do museo, Manuel Blanco, o director da mostra, Rafael Quintía, a directora da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez e a tenente alcalde de Lalín, Paz Pérez Asorey. A cita estivo aderezada pola música del grupo de gaitas Os Trasnos de Doade.
O xerente do museo asegurou que esta será una capela privada, non sacralizada que estará dedicada á exposición museística. Manuel Blanco sinalou que esta é «unha gran capela presidida por unha fermosa imaxe da sagrada familia e unha talla policromada en madeira de castiñeiro de cores similares as imaxes da antiga capela».
A actual edificación terá un maior tamaño comparada coa anterior, acorde para acoller una exposición «única en Galicia sobre o patrimonio material galego vencellado ao mundo das crenzas e a espiritualidade do pobo galego ao longo da historia», afirmou.