María Pájaro Diéguez: «O libro ensina que temos que loitar contra os monstros que nos atopamos»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

O venres presenta no Museo Ramón Aller de Lalín «Quen é a nena?»

13 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

María Pájaro Diéguez (Xaxán, Lalín, 1993) presenta este venres, día 15, a las 20.00 horas no Museo Ramón María Aller o seu primeiro libro titulado Quen é a nena?, un volume con 35 relatos curtos, cada un deles cunha ilustración, creación da propia autora. No acto estará acompañada por Celso Fernández Sanmartín e Xoán Carlos García Porral.

Leva escribindo «dende moi pequena, xa o facía con oito ou nove anos e sempre quixen publicar un libro pero non cría que iso fose a ocorrer», di. Recoñece que «non estaba moi convencida de publicalo, o tiña só para min, pero mostreillo a algúns amigos, gustoulles e animáronme a publicalo, senón non ía a ver a luz».

«Eu o fixen todo porque me encarguei tamén das ilustracións, non tiven que chamar a ninguén e non me arrepinto de habelo feito», engade. Parte é autobiográfico e dentro da galería de personaxes que retrata «están meus avós meus sobriños, meus pais amigos meus...». Debuxa en formato dixital. As ilustracións eran a cor, matiza, pero por custe, no libro saen en branco e negro.

A súa paixón pola escritura vai paralela a súa afección pola lectura. Confesa que «con doce anos estaba lendo a Dostoiesvski». O obxectivo do formato, en relatos curtos, é «que os adolescentes o leran, e agora están con que se aburren con todo e quería chegar a eles». Neles plasma algunhas vivencias persoais e «outras que son inventadas pero tocan temas que me parecen moi importantes como é o maltrato escolar, o maltrato da parella, a morte, que se fala pouco dela é paréceme necesario. Utilizo moito o refraneiro galego tocados todos con retranca, xa que a temos. Son de curtos e de fácil lectura».

O libro, di, «ven a traernos a ensinanza de que temos que loitar contra todos os monstros que se nos van pondo no camiño porque senón van a acabar con nos».

Nel fálase tamén da defensa da lingua, os prexuízos sociais, a igualdade, a necesidade de poder elixir ou a superación. Algún dos seus relatos nútrense tamén de «algunha historia que me contaron persoas maiores». O seu obxectivo é que co libro fose para todos os públicos e que se sentise identificada «tanto unha persoa de 70 anos coma de 12».

María explica que «saíu en marzo e escribilo e ilustralo levoume uns cinco meses». O publicou Babidi-bu Miradas, unha editorial andaluza que se encarga tamén da distribución. Recoñece que non é doado empezar a publicar. Os seus primeiros contactos, conta, «foron coas editoriais galegas, pero ás máis importantes non lles encaixaba porque non é para nenos, é para a partir dos once anos. Ademais non te coñecen... e ao final non se van a arriscar a publicar algo que non saben como vai funcionar, é entendible», explica.

Unha vez publicado, espertou interese e xa algunha editorial lle preguntou se estaría disposta a escribir un segundo libro. Cristina prefire «agardar e primeiro que se coñeza este e vendelo». Pola súa conta xa vendeu cerca de 200 exemplares e ata que pase un ano non saberá cantos vendeu na plataforma dixital e será cando reciba o canon correspondente. Os libros pódense mercar xa en librerías e en cadeas como a Casa del Libro, FNAC, El Corte Inglés ou grandes plataformas como Amazon.

María estudou un ciclo superior de publicidade e márketing e estivo traballando de comercial en Vigo. Agora retornou a Lalín e xa traballa nun novo proxecto co que quere cumprir outro do seus soños: abrir a súa propia tenda de roupa como autónoma. En marzo-abril ten previsto vender on line roupa de muller. «Vou ter tres marcas bastante luxosas e unha colección propia que a deseño eu e máis fago a confecciono e para setembro ou outubro do ano que ven terei xa unha tenda física en Lalín», apunta.