A Casa do Patrón pon fin ás actividades de Nadal coa Festa de Reis

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

05 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo Etnográfico Casa do Patrón, no lugar de Codeseda, en Lalín, celebra este luns a súa derradeira xornada de actividades conmemorativas do Nadal coa Festa de Reis. Unha gran celebración que comezará ás 17.30 horas e que contará cun gran protagonismo musical.

A esa hora arrincarán os actos cos Cantos de Reis a cargo da banda Os Trasnos de Doade. Ás 18.30 horas será a quenda do DJ Marcos Kintana. Despois da música, en torno ás oito da tarde, rematarán as actividades cunha chocolatada. Finalmente, apagaranse as luces que adornaron esta aldea da parroquia de Doade dende o día 8 do mes pasado, cando comezaron unha serie de eventos organizados pola Asociación Etnográfica de Codeseda.