Exaltación do galego e a música tradicional no Serán das Letras

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

11 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro sábado 17 de maio celebrase en Lalín o Serán das Letras, unha cita cultural polo Día das Letras Galegas que exalta a lingua e a música tradicional, afondando nas raíces da identidade galega. A cita será ás 18.00 horas na Praza da Igrexa e contará coa actuación de dez agrupacións locais: Carballo de Manteiga, A Carballeira de Cercio, Ailola, Pandereteiras Ponte da Prata, Os Dezas de Moneixas, Randela, Repenicando, Pandereteiras de Zobra, Pandereteiras de Bendoiro e Roseira Brava. O Serán culminará cunha homenaxe ás Pandereteiras de Zobra. Ademais, as agrupacións exhibirán unha mostra de traxes tradicionais.