Exposición das «Cousas de Vidal Payo» no 110 aniversario deste artesán da pedra

LALÍN
A asociación de Amigos da Obra de Wily festexa o día 16, ás 20.00 horas, no Café de Mili de Lalín, o 110 aniversario do artesán e mestre da pedra, Vidal Payo Fernández. A celebración ten como epicentro a apertura da exposición Cousas de Vidal Payo que será presentada polo seu fillo, Damián Paío e contará con unhas 22 fotografías de outras tantas pezas realizadas en pedra por Vidal. O gaiteiro Plácido Rozas tocará a Muñeira de Laxeiro e Cruz Taboada Ferradás, como presidenta da agrupación de Amigos da Obra de Wili, será a encargada de dar a benvida aos presentes.
Lucía Espiño falará do Eco da pedra. Peso e lixeireza e Xosé Payo, fillo de Vidal, dun discurso de agradecemento ao artesán. Celso Fernández Sanmartín, Lara Peña e Alba Payo apuntarán ditos populares de canteiros e o acto rematará compartindo unha torta de aniversario.