Inacio Vilariño, de Fantoches Baj, e Cado Arqueoloxía, premios da Carballeira de Cercio en Lalín

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Miguel Souto

O colectivo nombra socio de honra a Manuel Camino de Oirós

12 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Fernando Rodríguez e Javier Blanco deron a coñecer onte en Lalín os galardoados nos XX Premios da Carballeira de Cercio. Este año o premio na categoría de Concello de Lalín foi para Inacio Vilariño de Fantoches Baj por un traballo que mantén a tradición dos monicreques pero que inclúe tamén a posta en valor da tradición e a cultura galega dando vida a ilustres persoeiros como Varela Buxán ou Castelao.

Na categoría de comarca, este ano, apuntan «houbo que reinterpretar as bases, xa que saíu gañadora a empresa Cado Arqueoloxía, que ten sede social en Ortigueira, pero que se premia pola gran labor desenrolada na comarca con múltiples escavacións como as campañas do castro de Doade e outros múltiples enclaves na zona.

A elección dos premiados é por votación dos socios a partir dos 16 anos entre as propostas presentadas polos veciños. A elección de socio de honra si recae na directiva que este ano quixo nomear a Manuel Camino de Oirós, que din, «tocou con nós o bombo toda a vida e aínda que está retirado de música, segue estando aí», Contan que «para facer a carroza do Cocido é o primeiro en estar». Xa xubilado tras traballar moitos anos nunha imprenta, a idea da carroza deste ano, que se centrou neste oficio, partiu del e foi o encargado de poñer a punto toda a vella maquinaria utilizada e que estaba en funcionamento na carroza que a agrupación denominou Imprenta Camino.

Homenaxe ao zoqueiro Alfonso Ferro e a gaiteiros e cantareiras

Este año, tras o recente falecemento de Alfonso Ferro, o zoqueiro de Merza, A Carballeira quere renderlle un especial homenaxe na edición número 27 da Mostra de Baile que se celebra o día 19, ás 21.00 horas en el campo da festa de Cercio empezando cun baile con zocos A nosa carballesa de Seceda do Caurel. Serán seis parexas enriba do escenario . Deses 12 zocos «dez son feitos pola familia Ferro, e ao menos 6 polo propio Alfonso». Moitos dos zocos da familia Ferro saltan cada ano no escenario da Carballeira.

O espectáculo deste ano, titulado Velaí vén o ghaiteiro, contará con la participación del grupo portugués As Lavraderas de Sao Joao de Ver, en Santa María da Feira, que devolve aos de Cercio a visita que estes lle fixeron a finais de xuño.

Serán máis de 80 persoas, entre maiores e rapazada de todas las categorías de bailaríns e músicos da agrupación, en esta posta en escena na que se quere render homenaxe aos gaiteiros e as cantareiras. Estrean unha peza recollida en Pazos de Borbén na que tocan e cantan as pandereteiras, ao igual que noutra.

Servirá tamén de recoñecemento á figura dos gaiteiros en nel, apuntan, escoitaranse ditos, coplas, refráns e historias dos gaiteiros. A presentación, contou coa tenente alcalde, Paz Pérez e a concelleira Begoña Blanco, ambas veciñas de Cercio e que tamén se comprometeron neste acto, a petición da Carballeira, a bailar na celebración que a agrupación ten previsto facer a finais de ano con motivo do 30 aniversario estatutario do colectivo. A agrupación deu as gracias a Concello de Lalín, a Deputación de Pontevedra e a todas as familias o seu apoio. O cartel desde ano está ilustrado pola figura dunha cantareira e dun gaiteiro ao estilo Playmóvil.