Mañá comezan as festas da Virxe do Carme en Palio

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

15 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá comezan as festas na honra á Virxe do Carme en Palio (Lalín) . Arrincarán ás 13.00 horas coa misa solemne e sesión vermú amenizada pola charanga Leña Verde. Dende as 13.00 horas ata as 20.30 horas, haberá un inchable de balde para os cativos. Pola noite, a verbena estará a cargo do Dúo Maratón e da charanga Leña Verde, e haberá fogos de artificio.