Camposancos convoca un concurso de panxoliñas de Nadal en galego

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

01 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos, en LAlín, convocou un concurso de panxoliñas de Nadal en galego. Queren así promover os valores propios destas datas como a solidariedade, a ilusión, a convivencia e a tradición. Haberá tres categorías: ata os 12 anos, de 12 a 16 e desde 17 anos. Só se admitirá unha panxoliña por participante, coa temática do Nadal e primando referencias da nosa propia cultura como a retranca, as lendas e o Apalpador.

As pezas deben ter un mínimo de catro estrofas, e poden presentar con ou sen música. Os traballos deben enviarse ao enderezo panxolinhascamposancos@gmail.com ou por correo ordinario á Asociación de Veciños San Cristovo, en A Goleta número 6, Camposancos, 36596 Lalín. A prazo de entrega conclúe o 5 de decembro.

Na primeira categoría o primeiro premio serán catro entradas en Diverjump con merenda e o segundo, unha experiencia en Casa do Abelleiro con guía e facer velas para catro persoas. Na segunda, o primeiro dos combos de entradas de cine Cinesa e o segundo un vale de 40 euros para xogos e libros. E na terceira categoría, primeiro de 100 euros para Eferro e o segundo, de 50 para a tenda da artesá zoqueira de Merza. A entrega será o 21 de decembro no local social de A Goleta.