Oartista pertence a unha saga de personaxes do mundo da plástica que tiveron como berce a bisbarra pontevedresa de Deza, un elenco de soñadores que despuntaron no mundo da creatividade mais alá da Serra do Candán, acadando eco internacional cuias pegadas ininterrompidas avanzaron polos camiños de Botos, Oirós, Piloño ou San Fiz de Margaride.
Fondevila tivo como berce Fiestras, aldea silledense, preto onde a principios de século viu nacer a Manuel Colmeiro, mestre do que pronto se falaría en París e no outro lado do Atlántico.
Xosé Antonio Fondevila, non pinta panadeiras, nin romarías nin tampouco vacas do entorno. E moitísimo mais novo que os antecesores e a linguaxe pictórica non e a mesma.
Este que escribe está de acordo co poeta de Oirós, nado en Vila de Cruces, Manuel Fiúza, coñecedor da obra de Xosé Antonio Fondevila e segundo o autor do libro «Cando fun paxaro», a arte de Fondevila «lévanos a reflexión, a crúa realidade dun tempo que xa non é noso».
O que asinara o cartel da Festa do Cocido de Lalín, seu pobo de adopción, prantexa aos espectadores na súa obra, reflexións que os levan máis alá da apariencia, un recorrido iniciado no edén da inxenuidade ata chegar ao campo de silencios, pasando por condicionamentos sociais, a aceptación dun camiño inseguro, poñendo a vida a favor do destino e aproximándonos a unha reflexión calada dunha xungla existencial, non pasando desapercibidos nas súas telas piratas e vampiros que se nutren do axeno.
Ao longo da súa carreira plástica as súas telas ocuparon espazos aquí e alén mar, deixando grande pegada no sentir dos espectadores, un amplo abano de salas e museos, institucións ou entidades financeiras de España, Portugal ou Dinamarca.
A miña cabeza chegan neste momento, as preguntas e reflexións, que ían saíndo a luz da noite noutrora camiño de Botos, onde as formas aniñaron e as ideas criaron fillos nunca pensados, nas telas, na pedra ou madeira. Naquel transcorrer coa luz da lúa na aldea dos inesquecibles, Laxeiro e Willy igualmente camaradas do pintor que nos ocupa.
Manuel Núñez, ao meu carón, afirmara «a beleza e a esencia da obra de Fondevila, hai que buscala a través da observación pausada e reflexiva dos seus lenzos». En días aínda recentes Xosé Antonio Fondevila, sempre na compaña da súa dona, Victoria, celebrou dous actos, en dous concellos, Silleda e Lalín, doando once cadros da serie bautizada Marañas a cada municipio, para formar parte do patrimonio municipal de ambas institucións, segundo o autor «nace de un sentimento profundo de pertenza e gratitude para coa súa terra».