Como presidente de Cabaleiros de Lalín quero comezar dando as gracias aos soci@s, os medios de comunicación, colaboradores e a toda a xente que se achegou esta fin de semana a Lalín, tanto público como gandeirías, cabaleiros e amazonas que trouxeron os seus exemplares aos concurso morfolóxicos e a ruta ecuestre e tamén aos cocher@s que participaron na demostración de enganche.
Tamén quero agradecer aos xuíces que nos acompañaron nos concursos morfolóxicos e de andadura, e por último , pero non menos importante quero destacar, non só a parte económica, senón tamén a parte humana do Concello de Lalín, cos medios que aportaron , tanto para os aparcadoiros, preparación de pistas e disposición das naves, tanto para gardar équidos como o material que precisamos durante a feira.
Levo dende o mes de outubro sendo presidente desta asociación, polo que tiven a piques cinco meses para poder preparar unha Feira do Cabalo como é a de Lalín, unha das feiras máis importantes, non só de Galicia , senón tamén do norte de España. Grazas a directiva que me axudou a que fose máis fácil en cinco meses preparar dito evento.
A valoración para nos é moi positiva, unha feira con moita diversidade, para todos os públicos. Destacar o bautismo ecuestre a cargo do Centro Ecuestre Vía da Prata que tivo moito éxito entre a rapazada e maiores, e o espectáculo ecuestre nocturno de La Magia del Caballo, que fixo tamén o espectáculo do domingo, un pouco longo pero con moi bo sabor de boca para o público. Dito isto, vou pedir unha reunión co alcalde de Lalín para falar xa de vindeira edición da Feira do Cabalo, xa que, quero que sexa unha edición aínda mellor e onte falando cos xuíces, volve coincidir 24 e 25 de abril , no cal o día 25 coincidimos con Noia de novo e gustaríame poder adiantar o 90% das actividades para o sábado e así poidan asistir tod@s @s que o desexen ás dúas grandes feiras que hai esa fin de semana en Galicia. Tanto o Concello como os cabaleiros temos claro que a data ten que ser o último fin de semana de abril , salvo que por motivos moi extraordinarios houbese que mudala, seguirá sendo así, porque outras feiras e organizacións ecuestres respectan esa data salvo Noia que sempre foi o 25 de Abril.