25 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
O medio centenar de participantes no intercambio xuvenil Lalín saúda a Linden viaxaron onte a Pontevedra onde visitaron o Pazo Provincial, nunha visita na que estiveron acompañados polo vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez. Tamén coñeceron o modelo de cidade sostible posto en marcha na capital pontevedresa, con percorrido polo casco histórico. Neste intercambio participan ata o 31 de xullo xoves de entre 15 e 22 de Francia, Austria, Alemaña, Bélxica e Países Baixos, xunto a membros de Cirla.