
01 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
A parroquia de Guillar en Rodeiro festexou onte Santa Minia cunha xornada chea de música e a cuarta festa infantil que contou con inchables acuáticos, un trampolín humano, talleres de pintacaras e globoflexia, monitores, festa da escuma e unha máquina de flocos de millo e merenda con hamburguesas. Tras a verbena de onte hoxe a festa segue con misa e un con certo da Banda de Agolada.