28 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O Concello de Rodeiro anunciou que o servizo municipal de conciliación comezará o 9 de setembro. Dirixido a familias con nenos de entre 3 e 16 anos, o prazo de anotación vence o vindeiro día 5. Os horarios serán de 16.20 a 20.20 horas de luns a xoves e de 13.50 a 17.50 horas os venres, cun prezo de entre 20 e 40 euros, dependendo das horas de asistencia mensuais. Hai dispoñibles 30 prazas e as familias monoparentais, con mulleres en situación de vulnerabilidade, ou nas que ambos proxenitores traballen terán prioridade.