Excursión de veciños de Rodeiro ao santuario da Virxe dos Milagres en Baños de Molgas

Daniel González Alén LALÍN

RODEIRO

Cedida

Asistiron aos actos relixiosos da novena e visitaron Allariz

07 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Cincuenta e un veciños pertencentes as parroquias de Rodeiro, que rexe no espiritual o sacerdote e vicearcipreste de Deza, Alvito García Fente, realizaron o pasado mércores a súa tradicional excursión anual, visitando nesta ocasión os concellos ourensáns de Baños de Molgas e Allariz. Dende Rodeiro un autobús de Autocares Presas, levou aos participantes ata a municipio de Baños de Molgas, para visitar o célebre santuario dos Milagres do Monte Medo, construído no lugar en que, segundo a lenda e a tradición, aparecera no século IX a Nai de Deus a unha pastora, erguéndose alí mesmo un fermoso santuario no século XVIII, que mestura os estilos barroco e neoclásico, que sería declarado Monumento Nacional no ano 1982.

Logo de asistir a misa e a posterior novena, que nestas datas se celebra con remate na romaría principal do 8 de setembro a que concorren milleiros de romeiros, algúns chegados da comarca de Deza, os asistentes xantaron pola súa conta, nalgún dos postos que xa están instalados no amplo recinto do santuario, para a referida celebración anual.

Pola tarde, os excursionistas visitaron a vila de Allariz, onde os participantes tiveron liberdade para achegarse aos monumentos e museos máis sobranceiros desta fermosa vila ourensán que se formou ás beiras do río Arnoia, que aquí ofrece fermosos paisaxes de ribeira.

Cabe sinalar que en anos anteriores por estas datas os veciños de Rodeiro, visitaran O Cebreiro, o mosteiro de Samos e a igrexa románica de San Xoán de Portomarín. No ano 2023 se achegaron ao santuario das Ermidas no concello valdeorrés de O Bolo e visitaron o Colexio do Cardeal en Monforte de Lemos. o pasado ano 2024.