
Esta nova iniciativa de Baiuca Verdescente aposta polo reforzo colectivo
06 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.A asociación silledense Fundación Baiuca Verdescente presentó onte o seu programa de Xóvenes Talentos cun acto que tivo lugar no EcoHotel Nós de Silleda. Os organizadores explicaron os obxectivos e o programa da iniciativa, que se consolidará presencialmente os días 24, 25 e 26 de setembro en Silleda tras os aprazamentos provocados pola crise sanitaria. Ademais dos representantes do colectivo, asistiron tamén a esta presentación o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña; a tenente de alcalde, Mónica González; e o concelleiro de Xuventude de Lalín, Avelino Souto.
Xóvenes Talentos nace do proxecto creado pola Fundación Baiuca Verdescente, que aposta pola dinamización e modernización do rural da zona. Esta entidade sen ánimo de lucro está a reunir á mocidade de entre 20 e 31 anos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes a través da plataforma LinkedIn. O obxectivo é potenciar os talentos individuais de cada persoa a través do reforzo colectivo. Todo baixo a filosofía who is who (quién es quién) para que as persoas poidan coñecerse e formar parte desta rede de talentos.
A presidenta da Fundación Baiuca Verdescente, Nieves López-Neira, tomou inicialmente a palabra para expoñer os principais obxectivos de Xóvenes Talentos. As súas orixes están na parroquia de Breixa e sinala que cos anos «funme dando conta de que a vida nas cidades ten unha serie de facilidades que non rural non se teñen, polo que é necesario conseguilas». A través deste proxecto buscan atraer aos xóvenes máis talentosos do Deza e Tabeirós para crear unha rede comunitaria rural na que se xeren oportunidades laborais para a mocidade. Para a presidenta da fundación, unha cita que resume os obxectivos da iniciativa é a do xornalista Hodding Carter, na que di que «hai dous legados fundamentais para deixarlle aos nosos fillos: as raíces e as ás para que voen todo o alto que poidan».
Paula Rivela, responsable de proxectos de Baiuca Verdescente, conta que levan un tempo creando unha rede virtual en LinkedIn na que están invitando aos xóvenes da comarca a participar de forma activa e que para eles «é moi importante que todo ese talento teña un soporte comunitario para medrar». Para Andrés Seoane, responsable de comunicación, o talento «é unha aptitude e unha forma de vida, non un expediente académico».
A iniciativa tamén pretende conseguir que as persoas que residen na zona sintan orgullo e que os que se atopan fóra queiran regresar. «Temos arraigar estes talentos e que non se esquezan de nós e de onde veñen», relatou Andrés Seoane. Outra das metas do proxecto é celebrar un evento anual onde a mocidade das comarcas teña un espazo para compartir experiencias, coñecementos e talento entre as persoas expertas en diversos campos.
A astronomía, os debates e o deporte protagonizarán as xornadas presenciais
O talento dos integrantes de Xóvenes Talentos quedará representado a través de tres moedas: unha de madeira, para a mocidade en representación do seu talento; unha de prata, para as persoas que xa o desenvolven en gran medida; e unha de ouro para as persoas que xa o levaron a cabo ao máximo, contando cun éxito profesional. Estas moedas serán entregadas no Evento Xóvenes Talentos, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de setembro no EcoHotel Nós.
A primeira xornada para conectar estará adicada á astronomía coa celebración do Xacobeo astronómico encabezado por Roberto Bravo, autor de AstroAficion. A xornada do día 25, baixo o formato tête à tête, consistirá no contacto con persoas vinculadas á comarca que puxeron o seu talento a funcionar. Asistirán Marisol Soengas, Eduardo Blanco, Ana Pardo de Vera, Cristina Pichel, Carmela Mola, Elena Ferro, Iago de la Campa e Sergio Rodríguez. As persoas encargadas de moderar o evento serán David Amor e Cristina Collazo. Os protagonistas do domingo 26 de setembro serán o deporte e a Vía da Prata. No evento de presentación, Serafín Martínez, responsable deportivo da fundación. Explicou que esta xornada consistirá nunha proba de 10 quilómetros dende Silleda á Bandeira. Nela participarán tamén celebridades do mundo deportivo.