Silleda convoca o certame de vídeo «Presume de lingua»

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

13 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello de Silleda convocou unha nova edición do certame de vídeo Presume de lingua, co que promover o uso do galego entre a mocidade do municipio. Destinado aos rapaces entre 14 e 20 anos, os vídeos terán que ter unha duración de 30 a 90 segundos. O prazo de presentación remata o 23 de maio e os traballos publicaranse na conta de Instagram do Concello. O sistema de votación inclúe os gústame da publicación e a valoración dun xurado. Repartiranse 350 euros en premios para gastar no comercio local