20 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Na programación das Letras Galegas en Silleda e dentro da iniciativa Ler conta Moito, o músico Antón Ke recalará mañá na biblioteca municipal co seu espectáculo Mulleres nas letras galegas. Será ás 18.00 con entrada libre ata completar aforo. Xunto ao seu ukelele viaxará pola biografía de escritoras e intelectuais como Rosalía de Castro, María Mariño, Xela Arias ou as cantareiras.