21 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
A praza Siñor Afranio de Silleda acollerá este sábado un obradoiro de pandeireta impartido por Nerea Fiuza. Estará acompañada na sesión por integrantes de Xirandola, unha das agrupacións de musica tradicional onde é mestra. O curso está aberto a todos os interesados dende ás 11.30 horas, pero recoméndase anotarse chamando ao Concello, ao teléfono 986 580 000, ou enviando un correo a cultura@silleda.gal.