Fai xa moitos anos, meu irmán Paco tivo un deses soños reveladores que tanto adoitaba ter e quixo facelo realidade. Pensou que a súa Solaina, que aquela casa do Ferreiro na que tan feliz foi de neno podía converterse nun recuncho onde a liberdade e a creatividade foran da man e servise de inspiración aos xóvenes para que eles puideran expresarse e contar ao mundo a través das cores que sentían e como vivían os seus propios soños e ilusións.
Son moitas ocasións nas cales ese soño de Paco se fixo realidade, pero recoñezo que este ano acadou un dos seus puntos álxidos nos Encontros Internacionais das Artes celebrados a pasada semana na Fundación. Ada, Aitana, Alba, Clara, Inés, Jesús, Noa e Manuel achegáronse a desfrutar da liberdade que a Forxa de Paxariñas lle dou a cada quen para facer un universo propio. Todos eran xóvenes, cheos de vida e con ganas de desfrutar dunha experiencia que vai mais aló da arte, que xa fala de amizade, de recordos e de multitude de risas e agarimos entre eles.
Eu quixera recordar este ano como o que foi, un soño cumprido de Paco e agora tamén meu, creado a través dun grupo humano incrible ao cal solo podo dar as grazas. Pero o agradecemento non só se pode quedar aí e ten que ser mais estendido; empezarei polos medios de comunicación, sempre se envorcaron coas actividades de A Solaina, pero debo recoñecer que o tratamento destas xornadas definiríao como inmellorable e feito dende o moito cariño que intuía nos profesaban a Solaina e a min, pero que desta, esa intuición se volveu confirmación, moitas grazas, de verdade, todo este traballo sen vos non chegaría á xente, e polo tanto estaría morto, grazas por darlle vida.
Agradecer ao amigo Damián Paio que se deixara as horas e os miolos en darlle sentido a toda esta experiencia. A Carlos Santos por ser parte xa almas que habitan a Solaina, ao Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices por ser un amante das artes en primeiro lugar e por exercer diso na Forxa de Paco, a Antón Lamazares, unha honra que alguén que o é todo no mundo das artes siga vendo a Solaina como a súa casa, a Alexandro, José Manuel e Tareixa, que coa súa presenza deron luz a un acto de clausura do que me sinto especialmente orgullosa, e en definitiva a todos aqueles que puxeron co seu agarimo, traballo ou presenza o seu gran de area para converter esta xuntanza en única.
A Paco Pestana, o homenaxeado deste ano, que segue sendo recordo vivo da nosa casa, por sempre. Nunca caerás no esquecemento Paco. En dous anos volvemos, seguro que coa mesma ilusión e seguro que coas mesmas gañas de vivir.