Forxa Literaria na Solaina de Piloño

La Voz

VILA DE CRUCES

Cedida

13 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Na Fundación Paco Lareo A Solaina de Piloño tivo lugar onte unha nova edición dos seus encontros culturais no rural, da XVII Forxa Literaria, na lembranza de Xoán Xosé Fernández Abella. Unha emotiva xornada onde descubriuse un relevo en pedra co rostro do escritor lucense, feito por José Luis Ferreiro O Vila. Tampouco faltou a música con Yago Fernández, o gaiteiro Plácido Rozas e Manoele de Felisa. A presidenta da fundación, Carmen Lareo, deu a benvida a autoridades e público asistente, así como aos participantes nunca conversa sobre a figura e obra de Fernández Abella. Houbo recital poético e medallas Amigos da Solaina para Xosé Vispo Montero e Xosé Payo Cangado.