01 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Este domingo festéxase na parroquia de Camanzo, no Concello de Vila de Cruces, a festa na honra de San Martiño. Comezará coa misa solemne ás 12.00 horas e coa sesión vermú no campo da Tilleira, na que actuará a Unión Musical Ponteledesma. Pola noite, a verbena estará ó cargo da orquestra Origen e do Trío Manhattan, que poñerán peche a esta xornada festiva.