
Neste 17 de maio, Días das Letras Galegas, queremos coñecer a túa opinión sobre o uso da lingua e o traballo que fan por ela as corporacións locais
17 may 2023 . Actualizado a las 16:56 h.17 de maio, Día das Letras Galegas. Xornada festiva en Galicia, pero tamén xornada de reivindicación pola lingua. Milleiros de persoas volveron saír á rúa de nove vilas e cidades para pedir o recoñecemento da fala propia. Un día que tivo ademáis un compoñente electoral pola presenza en Santiago de Ana Pontón e Valentín González Formoso e varias referencias ás eleccións municipais.
Neste 17 de maio que coincide coa campaña electoral para o 28M queremos recoller a túa opinión. En 11 días, os galegos elixen as súas corporacións municipais. Pensas que fan os concellos o suficiente pola promoción do galego?