Ramón Noceda: «Nós non facemos quinielas, somos realistas, alí onde nos poñan os veciños de Carnota o BNG estará defendendo o seu proxecto»

ELECCIONES 28M

O exalcalde volve presentarse ás eleccións despois de catro anos afastado da primeira liña da política municipal
17 may 2023 . Actualizado a las 05:05 h.No seu día fixo caso omiso ao dito de que segundas partes nunca foron boas e volveu a ocupar a alcaldía de Carnota, e agora está por ver se o logra por terceira vez. Ramón Noceda volve pórse á fronte do proxecto do BNG co claro obxectivo de recuperar o bastón de mando que perderon hai catro anos e esperanzado en que os veciños lle devolvan a confianza que lle teñen mostrado no pasado.
—Hai catro anos renunciou a presentarse á reelección, que o impulsou a volver á primeira liña da política municipal?
—O que me levou un pouco a dar o paso foi a situación que se vive aquí, é unha cuestión case que de orgullo porque hai cousas que non poden ser e que espertan o orgullo de ser de Carnota. Tamén me moveu a esperanza de que isto cambie, e dende logo quero ser partícipe nese cambio no goberno da Galiza. Tamén houbo moitos compañeiros que me animaron a volver.
—Dálle outra perspectiva da situación e das necesidades do municipio o feito de estar estes últimos anos fóra do Concello?
—Si, ves as cousas doutra maneira e é cando sae ese orgullo de ser de Carnota ao ver que outros están gobernando e que o que fan é deixar o noso concello atrás, iso dáme tristeza. Hai cousas concretas que dan carraxe, como o feito de que levamos catro anos pagándolle o saneamento a Dumbría, iso non se pode consentir. Hai que cambiar as cousas.
—Por onde empezaría eses cambios se gaña as eleccións?
—Máis que cambiar, o que faría é retomar as cousas e proxectos que deixamos, porque nós tiñamos unha planificación, que foi a que seguiu este goberno nos últimos catro anos, fixeron o que nós deixamos previsto. Ves o seu programa e comprobas que non cumpriron con nada... É así, logo os veciños decidirán o día 28.
—Atrévese a facer unha quiniela do resultado electoral?
—Nós non facemos quinielas, somos realistas, alí onde nos poñan os veciños estaremos defendendo o noso proxecto e o programa que eles nos fixeron.
—Os veciños fixeron o programa?
—Si. Nós non sentamos nunha cadeira a deseñar un programa, fixemos asembleas e reunións e son os veciños os que nos din que é o que hai que facer. Ese é o noso compromiso con eles.
Recibe cada tarde en tu correo la newsletter Elecciones 28M con el adelanto en exclusiva de la encuesta de Sondaxe para La Voz y el resumen diario de la campaña en Galicia. Si todavía no eres suscriptor, suscríbete por solo 2€/mes.