A candidata do NOIA está convencida de que a proposta que lidera vai dar a sorpresa nestas eleccións
23 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Se hai algo que teñen demostrado o NOIA e a súa candidata, Marisol Villar, é a súa capacidade para adaptarse ás circunstancias e para buscar e atopar consensos a dereita e esquerda. Despois de formar goberno tanto co PSOE como co PP nesta última etapa, o partido independente mantense fiel ás súas políticas de centro e de atención ás persoas nunha campaña coa que están convencidos de que van dar a sorpresa na cita electoral do vindeiro domingo.
—Estar moito tempo nun goberno desgasta e vostedes levan xa tres mandatos formando parte de diferentes equipos, perciben ese desgaste?
—Claro que desgasta, sobre todo no eido persoal. Son moitas horas e moitos días os que temos que dedicar ao Concello, sacándolle á familia e amigos. Pero na parte política estamos acomodados ao nivel de esixencia que ten un pobo como Noia. Se por algo nos caracterizamos é polo traballo, a humildade e a proximidade.
—Ata o de agora o NOIA foi clave para a configuración dos distintos executivos, cre que volverán ser chave para a gobernabilidade do Concello? Que expectativas teñen con respecto ás votacións do próximo domingo?
—Creo sinceramente que o NOIA vai ser a sorpresa nestas eleccións municipais, nesta campaña estamos sentido un apoio como nunca nos pasou. O que esperamos é que a xente vote a un proxecto de Noia, esquecéndose do voto ideolóxico. Somos un partido de encontro de moitos, un partido de centro.
—Que proxectos quedaron pendentes deste mandato que esperan poder levar a cabo no próximo?
—Unha cuestión fundamental é a aprobación definitiva no plan xeral. Tamén nos propoñemos rematar o saneamento da Barquiña, seguir coa eliminación de puntos de vertido, rematar o acondicionamento da rúa Anxo Senra e a mellora da biblioteca, coa instalación do ascensor para favorecer a accesibilidade.
—Cales son as principais propostas que levan no seu programa electoral? Que novas necesidades detectaron con respecto a hai catro anos?
—Nos próximos anos vai ser unha prioridade a construción do novo centro de saúde na parcela de San Lázaro. Outro proxecto que é moi necesario a nivel social é a creación do centro de día. No ámbito económico é importante sacar adiante a ampliación do polígono industrial, e outra proposta relevante é a creación dunhas novas brigadas urbana e rural para a limpeza e mantemento de todo o noso municipio.
Recibe cada tarde en tu correo la newsletter Elecciones 28M con el adelanto en exclusiva de la encuesta de Sondaxe para La Voz y el resumen diario de la campaña en Galicia. Si todavía no eres suscriptor, suscríbete por solo 2€/mes.